O estaleiro foi fundado no ano 1967 por Manuel Mougán Diz no lugar de Riasón (Illa de Arousa),  A súa historia arrinca moitos anos atrás, cando Manuel Mougán era un rapaz e se negou a seguir os pasos do seu pai para converterse en mariñeiro.

      Foi entón  cando cruzou a ría  para comezar como aprendiz nun taller de construción de barcos en Barraña. Alí recibe as súas primeiras leccións sobre os segredos da madeira e do mar. Moi xoven tivo que regresar á Illa. E, alí, na horta da súa casa foi onde construíu o seu primeiro barco.


     Dende o ano 1967  aquela a nave foi ampliada, e tamen o numero de traballadores chegando ata cinco,  dispoñen de mais de 1200 metros cadrados onde poden albergar ata catro embarcacións, levan construídas máis de cen embarcacións de todo tipo, pero a maioría delas son auxiliares de batea e pesqueiros, tamén realizan traballos especiais como o barco Vikingo "
Frederikssund" o galeón Cortegada para a Asociación Cultural Deportiva Rompetimóns ou a dorna de Tope  Lavanqueira    para  a   Asociación Cultural Deportiva A Fasquía.

    Hoxe en día realizan todo tipo de traballos  de forma tradicional (so madeira)  ou mesturada con novos materiais como o PRFV *.
    Realizanse traballos tanto de nova construción coma
reparacións,  se desexas máis información  contacta  con nos.





*  Poliéster reforzado con fibra de vidro